
"Un descanso verdadeiro, unha obra do escritor Amos Oz, narra o entrecruzamento de dous destinos en aparencia opostos: o de Yonatán Lifschitz, un mozo israelí ansioso de abandonar o kibbutz onde sempre viviu e deixar o seu estéril matrimonio para empezar lonxe unha nova vida, e o de Azarías Gitlin, un estraño e solitario idealista da diáspora que chega co único soño de establecerse nun lugar e que é acollido pola familia de Yonatán. Entre a vida acolledora ou claustrofóbica do kibbutz, e o poder de atracción do descoñecido, transcorre esta novela que nos fala da polaridade dunha liberdade plasmada nunha terra para o home cansado de vagar ou proxectada nunha fuxida para quen se sente atado a ela"
[extraído da contraportada da edición de Siruela]

