viernes, enero 15, 2010

"Herba moura" de Teresa Moure



Durante o Nadal e Xaneiro estamos lendo este libro de Teresa Moure.
O día 28 de Xaneiro, ás 19:30, estará con nós no CSC do Ensanche e falaremos con ela.
Muller prolífica, multidisciplinar e accesible, nesta novela de base histórica recrea a imaxe da raiña Cristina de Suecia (1626-1689), de René Descartes (1596-1650) e da relación que mantiveron durante un tempo na corte de Estocolmo.
“Herba Moura” trasládanos, da man dun personaxe contemporáneo chamado Einés Andrade, ao século XVII, onde nos atopamos coa figura dun Descartes humano e fráxil –nunha perspectiva inédita do filósofo– e, sobre todo, coa figura de dúas mulleres: a raíña Christina de Suecia e Hélène Jans, unha entrañable meiga residente en Amsterdam. A través dunha miscelánea de textos (cartas, poemas, recetarios, herbarios) a autora, coma se fose un compendio de estilos literarios e botando man de recursos tan dispares como a epístola, o diario, o ensaio, a poesía, o estilo directo, etc, constrúe unha novela estilisticamente deslumbrante, sen caer nunca no lirismo gratuíto nin no sentimentalismo, chamada a situar á narrativa galega nun novo contexto. “Herba Moura” é un canto ás paixóns: á paixón amorosa, dende logo, mais tamén a outras paixóns deostadas como a do amor polo coñecemento, a da amizade, a da maternidade, a da lectura e a da palabra. Unha novela que deita unha ollada crítica sobre o devir das mulleres na historia, dándolles voz e recuperándoa para elas.

En Herba moura se cruzan las historias de tres mujeres que se negaron a transitar por los caminos trazados, tres mujeres de distinta edad y condición social: la reina Christina de Suecia; Hélène Jans, partera y curandera, y Einés Andrade, licenciada en filosofía y herborista. Las tres comparten muchas cosas pero sobre todo su grafomanía (condición reconocible en otros personajes de Teresa Moure) y su afán por saber, por aprender. Pero la autora las sitúa (y nos sitúa) en la encrucijada de dos concepciones opuestas del conocimiento: una canónica, formal, patrimonial, teórica, racional y masculina; la otra alternativa, informal, anónima, tradicional, empírica, intuitiva y femenina... [sigue aquí]