
"Los aires difíciles" é a quinta novela de Almudena Grandes (Madrid, 1960), e a primeira na que a autora renuncia ao que se convertera nos seus sinais de identidade: a narración en primeira persoa, a protagonista feminina e a situación do relato en Madrid. A súa proposta é unha renovación da novela decimonónica.
O relato avanza mediante o sopesado emprego de narración, descricións e diálogo. A acción comeza " in medias res", nun momento moi avanzado do conflito, e recupera os seus antecedentes remotos e recentes. Fala, en fin, un narrador omnisciente un tanto proclive á retórica. Bótase en falta un maior risco na forma; algunha clase de enfoque creativo, menos apegado ao pasado e máis sensible ao sentir artístico de hoxe. [Santos Sanz Villanueva. El Cultural]
O feito de que o material narrativo sexa alleo ás súas experiencias persoais crea unha maior riqueza no debuxo dos personaxes, unha maior esencialidade expresiva e ao mesmo tempo unha manipulación máis rica dos efectos sentimentais e dramáticos, unha maior sutileza e eficacia nas referencias de carácter político e unha menor provocación ao describir as relacións sexuales. Os efectos dramáticos e melodramáticos, a realidade sórdida, as complexas relacións, as fidelidades e as traizóns van trazando un retrato fortemente pesimista para celebrar, e este é un novo acerto narrativo, non a felicidade senón a fuxida da infelicidade: non hai espazo para a idealización no triunfo final da reconciliación co mundo. [Juan A. Masoliver Ródenas. La Vanguardia]
A súa biografía na wikipedia
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada