jueves, marzo 31, 2011

"Sol de inverno" de Rosa Aneiros

Rosa Aneiros vai estar no CSC As Fontiñas o día 4 de Maio ás 19:00 horas

Dada a súa mocidade, nacida en Meirás-Valdoviño en 1976, pode parecer, en principio, que habería pouco que dicir dela. Pero non é así. A súa precocidade e éxito fan que para apuntar o seu traballo teñamos que alargarnos bastante. Profesionalmente hai que dicir que é xornalista e que traballa no Consello da Cultura Galega en Santiago. Colabora tamén habitualmente tanto en prensa escrita: Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra, O Progreso, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia ou Casa da gramática; como en prensa radiofónica xa que é colaboradora do programa "Un día por diante" da Radio Galega. Simultaneamente desenvolve unha ampla labor literaria que comezou en 1999 con “Eu de maior quero ser” (Galaxia) na que un grupo de universitarios que comparten piso en Santiago enfróntanse ao seu último ano de carreira e ao consecuente acceso ao mundo laboral, ao adeus dunha época chea de idealismos e proxectos. Seguíronlle novelas como “Corazóns amolecidos en salitre” (2002), “Resistencia” (Xerais: 2003), de gran éxito entre o público xuvenil ao presentar a historia do mozo Dinís nun Portugal convulso pola ditadura de Salazar. Ese mesmo ano sae á luz unha recompilación de artigos literarios baixo o título de “Agardando as lagarteiras”. Ao ano seguinte, 2004, publica dúas obras: “O xardín dá media lúa” e “Veu visitarme ou mar” (Xerais). A continuación sae á imprenta “Ao pé do abismo” (Xerais: 2007). Xunto ás novelas cultiva o relato curto que ve publicado en volumes colectivos como “Relatos” (1999), “Narradoras” (Xerais: 2000), “Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000” (2001), “Seis ferroláns” (2003), “Alma de beiramar perdida” (2003), “Botella ao mar” (2003), “Narradio” (2003). Para ela foi especialmente produtivo o ano 2009, xa que nel gaña dous premios distintos pero de gran repercusión: Premio Xerais de Novela con “Sol de Inverno” e Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil con “Ás de bolboreta”. Pero a súa carreira está ademais, desde moi xoven, chea de premios como o Manuel Lueiro Rei (1996), o Modesto R. Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998), o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001), o Arcebispo Juan de San Clemente (2003), o da Crítica Losada Diéguez (2005), o Cateón (2006), o Caixanova Francisco Fernández da Rega de 2007 polo artigo xornalístico "A última vaca"...

Presentación e análise do libro “sol de inverno”

[información extraída da páxina do club de lectura do IES Catabois de Ferrol]

Entrevistas para os medios despois de gañar o Xerais

Entrevista en Vieiros sobre o libro que nos ocupa

Entrega de premios Xerais de novela 2009 en youtube