Este folletín detectivesco é un dos últimos libros que vamos ler esta tempada, a proposta de Manuel. Pasa por ser a primeira novela dese estilo e que pon algunhas das bases do que logo serán as novelas do xénero de detectives do tipo de Sherlock Holmes, etc.
Apoiadas polo prestixio que a ciencia empírica tiña no século XIX, estes detectives utilizan con gran mestría o razonamento lóxico para solucionar os casos. Neste caso, o Sarxento Cuff aínda non ten o prestixio social que terán unhas décadas despois estes personaxes novelescos e vese obrigado a facer unha investigación parcial condicionada polos prexuízos da familia que o contrata.
Mestre do suspense, Wilkie Collins mantennos en vilo e vainos desvelando o caso dende distintos puntos de vista ó longo das 500 páxinas da novela. Biografía de Wilkie Collins.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada