miércoles, octubre 19, 2011

"La educación del hombre y la mujer. La dama joven. Memorias de un solterón" Emilia Pardo Bazán



As primeiras reunións do grupo deste ano están animadas pola polémica de xénero. O libro das costumes dos inuiks deu pé para falar do rol das mulleres nas distintas culturas e épocas históricas. Hai quen defende que o papel de cada un ben bastante condicionado polas características físicas; outras ven na cultura, na sociedade e na educación a raiz das diferenzas.
Para acompañar este debate eleximos un libro de Dona Emilia Pardo Bazán, figura carismática da defensa dos dereitos da muller en España que viveu nun momento histórico en que tocaba revisar profundamente o papel da muller na vida social.

O libro está formado por unha conferencia, e dúas pequenas novelas onde se cuestionan as formas de comportarse das mulleres de clase media da época; propoñendo modelos máis libres.


O día 8 de Novembro, ás 20:00 virá a falarnos da autora a encargada da Casa-Museo: Xulia Santiso.