jueves, diciembre 29, 2011

"A praia dos afogados" Domingo Villar




Domingo Villar naceu en Vigo en 1971. Emigrado a Madrid exerceu como guionista de cine e televisión. Ligado dende neno ó mundo do viño, fai anos que é crítico gastronómico nunha emisora de radio nacional e colaborador habitual en diversas publicacións escritas. Coa súa primeira novela, "Ollos de auga", obtivo o I premio Sintagma, o Premio Brigada 21 e o Premio Frei Martín Sarmiento, e foi finalista en dúas categorías dos "Crime Thriller Awards" do Reino Unido. A súa obra está traducida a varios idiomas.