miércoles, enero 18, 2012

"Brooklyn" de Colm Tóibín




"Brooklyn" de Colm Tóibín, é o libro que vamos ler ahora:


"Desde a primeira liña nunha historia de Colm Tóibín un está mergullado por completo nunha conciencia. Dá igual que sexa unha novela ou un conto. A inmersión é a mesma; e en ningún momento se escoitan cruxir os mecanismos da construción nin un é distraído pola evidencia do estilo, e menos aínda ve ao autor facéndolle unha chiscadela para felicitarlle pola súa propia agudeza nin xesticulando para que se saiba o listo ou o complexo que é quen escribe, ou ó tanto que está das últimas innovacións narrativas. Colm Tóibín escribe ás veces sobre escritores ou xente de profesións intelectuais e moitas máis veces sobre persoas que se dedican a oficios modestos ou que carecen de familiaridade coas palabras escritas ou coa expresión sofisticada dos sentimentos. Pero sempre a voz que conta, sexa en primeira ou en terceira persoa, é a de alguén que mira aos seres que inventou exactamente desde a altura das súas propias vidas, a unha distancia respectuosa que elimina a condescendencia e sen a cal é posible que non exista gran literatura..."


"Las voces de Colm Tóibín" Antonio Muñoz Molina. Babelia, 5/2/2011