viernes, junio 16, 2017

"El insólito peregrinaje de Harold Fry" de Rachel Joyce



Seis meses despois de xubilarse e nun vertixinoso descenso cara a depresión, Harold recibe unha carta dunha antiga compañeira de traballo. A noticia impactao de tal xeito que sae da casa coa intención de ir á caixa de correo máis próxima pero comeza unha viaxe que o levará a ir ó encontro da súa amiga  recorrendo toda Inglaterra andando. A viaxe permítelle facer un reconto da súa vida. A súa memoria está chea de frustracións e de situacións onde non estivo á altura das circunstancias. O longo camiño vai axudarlle a poñer en orde o seu pasado. Mentres, a actitude de Harold fará que a súa muller e o seu fillo reflexionen tamén e actualicen a imaxe desa persoa coa que conviven pero que non coñecen.

Artigo no diario "El País"